miércoles, 6 de noviembre de 2013

Dende AS ALMAS DO FENTAL ata ASOLAGADOS



Levaba moito sen escribir no meu blog,  a verdade e que o teño abandonado, pero a falta de tempo, e a velocidade á que pasa a vida, non me permite facer moito máis, xa que chegada unha hora, aconsellan deitarse para descansar algo. Motivos si que teño para escribir, e cousas non faltan para contar, as máis salientables no eido profesional, que é do que falo aquí, xa que a miña vida persoal a ninguén lle interesa, é o recente primeiro premio que a curtametraxe “As almas do Fental”, gañou na localidade cordobesa de Dos Torres, foi unha mágoa non poder asistir a recoller o agasallo, pero o outro proxecto no que estou metido, o documental Asolagados, tamén me saca o pouco tempo libre das fins de semana, xa que andamos de presentación en presentación. Como se soe dicir “Sarna con gusto, non pica”, pois non me quero queixar, solo quería facer esta pequena aparición para darlle as grazas a todo o equipo de “As almas do Fental”, por facer posible esta curtametraxe, a que tanto quero, e tamén ós protagonistas de Asolagados por confiar en nos, e deixar nas nosas mans, un anaco moi importante das súas vidas, sen esquecerme, do equipo de “Coa auga ó pescozo”, co cal compartín moitas horas de traballo e boa compaña, e a toda a xente, que foi moita, que nos axudou de algunha maneira a sacar este proxecto adiante.

Grazas a todos …