viernes, 22 de octubre de 2010

Publicacións e difusión de "As almas do Fental"

Grazas a todos os que vos interesastes polas almas...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/rueda/muerte/rural/elpepiautgal/20090529elpgal_22/Tes

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_proyecto.php&id_proyecto=2276

http://revoltaproducions.wordpress.com/

http://despoblacion.blogia.com/2010/febrero.php

http://festifal.files.wordpress.com/2009/11/folleto_festifal_web.pdf

http://www.periodistes.org/node/28095

http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=573647

http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10311

http://www.cubacine.cu/cinepobre/catalogo2010/filmes2.php?Vparticip=05&Vcateg=11&Vlongitud=02

http://www.mrmisto.com/distribucion/castellano/bitgalego.html

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/07/09/0003_8599795.htm

http://www.vieiros.com/nova/79002/as-almas-do-fental-e-road-to-gibara-pegadas-galegas-no-festival-de-cinema-pobre

http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/index.php/lang-gl/hemeroteca/1886-a-curtametraxe-as-almas-do-fental-seleccionada-para-o-festival-internacional-de-cine-pobre-de-humberto-solas-de-cuba.html

http://ofestivalon.com/curtas/sesion-5/27%E2%80%93as-almas-do-fental

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/01/14/0003_8226210.htm

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/05/27/0003_7744311.htm
Fotograma de "As almas do Fental" (Fernando Morán)

Fernando Morán

Fernando Morán, gran actor, mellor persoa, un amigo...

http://www.fernandomoran.com/

http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=753&busca=fernando morán

jueves, 14 de octubre de 2010

Crítica/Cine
AS ALMAS DO FENTAL

A Arcadia que deixou de ser feliz...

Miguel Anxo Fernández

Afirma David Vázquez que a primeira intención da súa curta As almas do Fental “era a necesidade de dar un toque do que está pasando co despoboamento do rural” no país cunha sangante indiferenza, da sociedade en xeral e dos políticos (e as institucións) en particular. Un tema que, por desgraza, non é novedoso pero si o é que se afronte de maneira tan singular a través das imaxes, das imaxes pero tamén dos sons, elemento que acada un particular protagonismo na narración, e xa veremos a causa. Á marxe do singular recurso do guión para amosar a resistencia á soedade do único habitante que fica no Fental (0 habitantes, 13 almas cando a trama conclúe), e que certamente supón unha sorpresa para o espectador, o filme aposta tamén por incitar á reflexión.

A cámara retrocedendo en travelling sobre os pasos do personaxe principal (afortunada a eleción de Fernando Morán) polo mesmo camiño que andivera (acompañada da evocadora música de Chechu Carballido), ó tempo que imos descubrindo os seres a quen pouco antes lles foi falando mentres se dirixía a darlle ó sacho, é unha chamada ó espectador a matinar sobre se non somos todos coresponsables do que está a pasar. Esa chave caendo bruscamente no chan, é tamén o peche a un mundo que en tempos idos tivemos por Arcadia feliz máis alá de lecturas sobre o seu atraso económico e o seu rexeito a incorporarse á (mal entendida) modernidade.

Para quen lles escribe, orixinario de dúas aldeas no Ribeiro alto por enriba do Miño e pertencentes ó concello de Punxín, Freás e Maside, e sobre as que conservo gratas lembranzas da infancia, as imaxes de As almas do Fental resúltanlle moi próximas. Ó tempo, David Vázquez entronca pola vía temática, co añorado Chano Piñeiro que a súa maneira, tamén reflexionou nos anos oitenta sobre a aldea e sobre un mundo en fuga, estragado pola desfeita migratoria, primeiro na curta Mamasunción e despois na longa Sempre Xonxa. Se en Chano aínda traslucía un certo pouso daquela Arcadia nostálxica, David opta polo pesimismo movido polo teimudo dos feitos, esas máis de 1000 aldeas galegas que levan o camiño de emular ós vellos castros, e que algún día quizáis sexan excavadas para atopar entre os seus restos moitas das esencias identitarias dunha Galicia que esmorece entre as silveiras devoradoras.

Outro cineasta galego, Ignacio Vilar, tamén sensible á triste realidade do despoboamento, optou polo optimismo coa longa Pradolongo. No seu filme, remata impóndose a tradición ó especulador depredador, quizáis porque non fondo aínda confía en recuperar a vella Arcadia. Finalmente, regresando a curta As almas do Fental, compre referirse a un recurso que vai máis alá do estilo. O uso do son en off. O único habitante da aldea sabe pola radio da toleirada da vida urbanita e tamén fala só. Mais cando colle o sacho e comeza a súa andaina comenta cos veciños ó seu paso. Unha maneira de sentirse acompañado... polas almas do Fental. Daí á (triste) sorpresa final. O aporte da curtametraxe de David ó imaxinario audiovisual galego, medrará conforme a súa difusión se amplie e conforme o paso tempo a consolide como obra rigorosa que levantou acta pola vía da ficción, da triste realidade do despoboamento rural pero tamén dun mundo que desaparece para non volver.

No Carballiño, a 7 de outubro de 2010

http://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_Anxo_Fern%C3%A1ndez

viernes, 8 de octubre de 2010

Unha grata noticia... ver que máis de 2000 persoas vistes a curtametraxe, o cal me honra e consideroo como o mellor premio, moitas grazas a todos espero que vos gustara tanto como eu desfrutei facéndoa, xa sabemos que todo é mellorable, e neso estamos, en mellorar día a día, por iso xa hai dous proxectos novos.. MOITAS GRAZAS.
Longa vida ó rural...
David Vázquez Vázquez.
PD Porsuposto moitísimas grazas ó equipo técnico e a Fernando Morán, que sempre está ahí.

jueves, 5 de agosto de 2010

AVISO IMPORTANTE: O Martes 10 de Agosto, dentro da Semana de Cinema de Chantada ás 22:00h. no Campo da Feira Vello, proxectarase na gran pantalla AS ALMAS DO FENTAL, agradecerlle dende eiquí a organización que contase coa nosa curta para esta mostra, quedades tod@s convidad@s. Saúdos

miércoles, 4 de agosto de 2010

Artigo de sobre As almas do Fental no diario dixital Galicia Hoxe, grazas a xornalista Vanesa Oliveira por interesarse polo noso proxecto http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=573647

jueves, 29 de julio de 2010

Increible pero certo, está en galego pero o médico que fixo esta reflexión e portugués.

"No mundo actual estase investindo cinco veces máis en remedios para a virilidade masculina e silicona para mulleres do que na cura do Mal de Alzehimer. De aquí a algúns anos teremos vellas de peitos grandes e vellos de pito duro, pero non se lembrarán..."

Dr. Drámzio Vasella

jueves, 8 de julio de 2010

As almas do Fental nos IES de Galicia apoiando o Galego.

Pois eso, comunícovos que As almas do Fental van a estar no videiro cuso académico en preto de 300 IES de Galicia nun proxecto da Cordinadora Galega de Equipos de Normalización lingüística déixovos o enlace da noticia,en fin que as almas están moi vivas... Gracias a todos. http://www.youtube.com/watch?v=mu5yuvVqGjQ

martes, 1 de junio de 2010


Bueno, hola a tod@s, xa estou incorporado no traballo da miña operación, xa estou operativo para o ke faga falta,bueno pouco a pouco, informarvos que a curta AS ALMAS DO FENTAL, paradoxicamente esta tendo moito exito fora de Galiza, xa sabedes que foi finalista en Cuba, en Teruel e agora foi seleccionada en Lleida, Tarragona, Valencia e ata en Madrid, ke manda carallo que lles interese mais a problematica de galiza os festivais de fora que os propios galegos, non digo que sexa a mellor curta do mundo, nin desprecio ningunha outra curta, pero creo que solo o tema que trata e interesante, bueno para min o importante e que se vexa e guste, non fago curtas para gañar nada, as curtas que fago son para reivindicar algo pola nosa galiza, ke e o ke son eu GALEGO.

Moitas Grazas coma sempre a todos os que fixestes posible esta curta. Grazas. Seguirei informando.

jueves, 18 de marzo de 2010

Hola a todos, comnícovos que As almas do Fental foi seleccionado para Festival Internacional de Cine Pobre Humberto Solas de Cuba, unha nova moi boa xa que é un dos máis prestixiosos festivais internacionais de curtametraxes, coma sempre agradecer a todos os que fixeron posible que esta curta se fixese e estea a gustar ata en Cuba.Grazas. Máis información en http://www.cubacine.cu/cinepobre/index.html
Oficina del 8vo.Festival Internacional del Cine Pobre Humberto Solás
19 al 25 de abril de 2010, Gibara - Holguín / Cuba
Estimados Realizadores : Le publicamos los resultados de la SELECCIÓN OFICIAL CORTOMETRAJES DE FICCIÓN EN CONCURSO,
por favor establezca contacto con el comité organizador ...Felicidades.

SORES & SIRIN
Katrin Gebbe
Alemania

FREIES LAND
Hannes Treiber
Alemania

SCHTAG
Marvin Kren
Alemania

TÚNELES EN EL RÍO
Igor Galuk
Argentina

OTRO HEMISFERIO
Carmen Colino
Argentina

FELIZ NAVIDAD
Marcelo Pitrola, Ezequiel Yanco
Argentina

DUYUN
Ali Lsa Jabbarov
Azerbaiján

LA BELLEZA DEL ESPEJO
Jorge Alberto Valencia Velez
Colombia

LOS MINUTOS, LAS HORAS
Janaína Marques Ribeiro
Cuba

AL DÍA SIGUIENTE
Enrique (Kiki) Álvarez
Cuba

HABANA.VER.T.A.33 KB/SEG
Juan Carlos Sanchez, Javier Labrador
Cuba

EL COLOR DE ELISA
Alina Rodríguez
Cuba

MISUNDERSTOOD
Pablo Herrán De Viu
EEUU

COSER E CANTAR
Rubén Riós
España

AS ALMAS DO FENTAL
David Vazquez Vazquez
España


THE MAN WHO INVENTED THE WORDS
Sergio Abuja Rodriguez
España

CON DOS AÑOS DE GARANTIA
Juan Parra Costa
España

LA NOTA
Jorge M. Rodrigo
España / EEUU

RON
Amnon Haas
Israel

LITEN KNUTE
Kjersti Steinsbo
Noruega

UKUKU
Gastón Vizcarra Olivares
Perú

jueves, 4 de febrero de 2010

As almas do Fental no Círculo do Saviñao

O día 13 Sábado pola noite, ainda está sin concretar a hora pero supoño que será ás 22:30 h. proxectarse a curta As almas do Fental, despois da curta abrirase un coloquio no que estará Fernando Morán o protagonista da curta eun servidor. Quedades tod@s convidados.
Saúdos.

viernes, 8 de enero de 2010

As Almas do Fental nos Premios Mestre Mateo (Audiovisual galego)

Bueno pois xa estamos noutra aventura máis. xa estamos seleccionados para participar nos Premios Mestre Mateo ousexa nos premios do audiovisual galego, unha aventura dificil xa que se supón que con nos están as mellores obras que se fixeron en galicia este ano pasado, en fin ata o mes de abril que é a gala queda moito camiño por percorrer, haber si hai sorte e podemos ir a gala final como nominados, dificil pero mentrtas hai vida hai esperanza saúdos a todos e en especial a todos os que fixeron posible "As almas do Fental".

PD. AH!!! e noraboa e un saúdo a todo o equipo de "O Labirinto Ario" de Alfredo Pardo que tamén foi seleccionada moita sorteeeeeeeeeee!!!!!!!!!!!!!

Eiki vos deixo a lista dos admitidos en tódalas categorias http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/attachments/Listaxe%20candidaturas%20PMM09_.pdf